Clínica veterinaria en Ourense
Saúde e benestar para cans e gatos, coa dedicación e o coidado que merecen
Un espazo pensado para o voso confort e tranquilidade
En Hatena dedicámonos á saúde e benestar de cans e gatos dende unha medicina coidada e especializada. Deseñamos un espazo tranquilo e próximo onde cada consulta se realiza coa dedicación e o coidado que o teu compañeiro merece.
Coñece a clínica
Servizos pensados para coidar o teu compañeiro
Medicina interna
Diagnóstico e tratamento de enfermidades complexas
Oncoloxía
Consulta oncolóxica para o diagnóstico e manexo do cancro en animais de compañía.
Medicina felina
Atención pensada especificamente para as necesidades e o comportamento dos gatos.
Odontoloxía
A importancia da saúde bucodental na súa calidade de vida.
Cirurxía
Área cirúrxica. Formación e equipamento para a realización de ampla variedade de cirurxías.
Traumatoloxía
Valoración e tratamento de lesións musculoesqueléticas e problemas locomotores.
Endoscopia e laparoscopia
Apostamos por procedementos de mínima invasión.
Diagnóstico por imaxe
Ecografía e radioloxía dixital para un diagnóstico preciso.
Medicina preventiva
Coidamos da súa saúde ao longo da súa vida.
Equipamento e formación para unha atención de calidade.
Ofrecemos unha atención especializada baseada na nosa forma de entender a medicina veterinaria, respaldados por anos de experiencia e unha ampla formación, buscando sempre o seu benestar.
Ver todos os servizos
Queres pedir cita para o teu compañeiro?
Escríbenos por WhatsApp ou usa o formulario de contacto. Estaremos encantados de atendervos.