Odontoloxía
A importancia da saúde bucodental na súa calidade de vida.
A saúde bucodental é un piar fundamental para o benestar xeral da túa mascota. As patoloxías orais non só provocan dor ou molestias, senón que poden derivar en problemas sistémicos máis graves se non se diagnostican a tempo.
- Diagnóstico por imaxe: Contamos con radioloxía dixital intraoral, imprescindible para detectar patoloxías ocultas baixo as enxivas (infeccións da raíz, reabsorción dental, fracturas ou lesións mandibulares) que non son visibles nun exame visual convencional.
- Equipamento cirúrxico dental: Dispomos de unidade dental completa que nos permite levar a cabo dende profilaxe ata extraccións complexas e cirurxías orais.
- Tratamento de patoloxías complexas: Tratamos de forma integral a enfermidade periodontal, tumores orais ou patoloxías específicas como a xinxivoestomatite felina, priorizando sempre a redución da dor e unha rápida recuperación.
Queres pedir cita para o teu compañeiro?
Escríbenos por WhatsApp ou usa o formulario de contacto. Estaremos encantados de atendervos.